Publican o estudio ambiental da nova vía Cabanas-As Pontes

95

Lendo diariodeferrol.com:
“A Xunta fará público nos próximos días o estudio de impacto ambiental da nova estrada de conexión da AC-141 coa nacional 651 e a A-9, a traveso do polígono industrial Vilar do Colo. Trátase dunha infraestructura recollida no denominado Plan Sectorial da Rede Viaria, no que están implicados sete concellos do area de ferrolterra. A construcción prevista descorre entre o parque empresarial antes citado e o lugar de Fonfría, que xa corresponde ó termo municipal das Pontes, o que representa unha lonxitude en torno ós catro kilómetros.”…


…”O estudio das distintas solucións posibles está claramente determinado pola edificación dispersa, o uso do solo e a rede viaria xa existente na zoa. En base a estas opcións baráxanse tres alternativas, que manteñen en común os seus enlaces de comezo e final do trazado. Así, na zoa de Fene prevese a construcción dunha glorieta a nivel, mentres que no area de Fonfría será un enlace con paso superior. A alternativa un proxéctase cun carril adicional, debido ás pendentes, e tanto a duas como a tres descorren máis ó sur que a anterior, por zonas máis densamente poboadas e cun maior uso agrícola, e as súas lonxitudes oscilan entre os 3,6 e os 3,7 kilómetros.
De forma xeral, as tres opcións cumpren as características xeométricas mínimas de trazado para unha estrada de velocidade específica de 80 km/h”.
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios