XIV Feira de Fungos e Cogomelos

121

cartel.jpg
Deseño: David Váquez Vecilla e Diego Martínez Ardao
(4º de E.S.O. do colexio Nebrija Pardo Bazán)


Sábado 1 de Novembro

De 9:00 a 10:30h. – Presentación de Cestas ó concurso.
foto1.jpg

10:30h. – Apertura das Exposicións:
• Traballos realizados por escolares “O mundo da micoloxía” (Casa Dopeso)
• Caseras con venda Productos exolóxicos e de Outono. (Recinto da Feira)
• IV Certame de Artesanía Antonio Fraguas. (Sala de exposicións Mercado Vello)
foto2.jpg

12:30h. – Entrega de Premios do Concurso de Fungos e Concurso para escolares.
De 12:30 a 14:30h.- Degustación popular de cociña elaborada con fungos e cogomelos, na carpa situada no C. Santa María.
Dous menús para escoller con tres pratos e postre cada un. O prezo do menú será de 6 €. Entre os pratos elaborados estarán:
– Empanada de panceta con sendeiriñas, trompa dos mortos e níscalo
– Crema de Boletus edulis con gambas
– Tenreira galega con sendeiriñas e lingua de vaca
Amenizará a Feira A.C. Alende
foto3.jpg

18:00h.- XII Mostra Folclórica Vila Das Pontes na que actuarán:
• ALEIVOSÍA do Liceo Marítimo de Rianxo
• MALVELA de Vigo
• GRUPO FOLCLÓRICO VILLAVERDE de Portugal
• A.C. ALENDE das Pontes.
foto4.jpg

Bases Concurso de Fungos

1º O concurso de Fungos das Pontes organízase con desexo de fomenta-la afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.
2º Para concursar deberán presentarse exemplares de alomenos 10 especies distintas de cogomelos silvestres. Os concursantes deberán identifica-los e poñer nome nos cogomelos que presenten.
3º O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade de especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase a súa presentación e exemplares máis raros.
4º Co obxeto de adaptarse á infraestructura, e no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.
5º A presentación a concurso será dende as 9:00 h. ata as 10:30 h. A partir desta hora, momento no que o xurado comenzará a face-lo recinto de cestas, non se admitirán máis participantes.
6º Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ara a entrega de premios, procedendo seguidamente a retira-los exemplares.
7º O xurado resérvase o dereito a declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables.
foto5.jpg

Premios

Os premios que poderán leva-los concursantes son: 300 euros para a cesta gañadora, 180 para a segunda clasificada, 120 para a terceira, 60 para a cuarta e a quinta.
Ademais, tódolos participantes que entren no concurso levarán 30 euros, agás aqueles que gañen algún premio.
Neste certame tamén haberá un premio especial de 300 euros para a cesta na que haxa exemplares raros dispostos cunha presentación destacable.
Premio de 30 € a tódolos participantes non premiados nas anteriores categorías.
Outras Actividades

II Obradoiro de cociña
“Degustando Cogomelos”
Venres 24 de Outubro de 16:00 a 19:30 h.
Lugar: Cociña da Residencia Xeriátrica A Magdalena
Esta é a segunda vez que os ponteses teñen oportunidade de aprender a cociñar as setas e os fungos dos nosos montes. O obradoiro estará impartido pola micóloga Catalina Fernández de Ana.
O mércores, 22 de outubro é o último día para se apuntar.
FotoFungo
II Obradoiro de macrofotografía de fungos e cogomelos
Venres 24 e sábado 25 de Outubro
Máis información
IV Xornadas Apícolas do Eume
Organizadas por AGA-EUME
30-31 de Outubro / 1 de Novembro FEIRA DO MEL
Nota facilitada polo Departamento de Cultura
Nova publicada o 20 de Outubro do 2003

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios