O Tribunal Superior catalán da a razón ó Liceo por dividi-lo coro entre homes e mulleres

106

Lendo elmundo.es:
“O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) recoñeceu o dereito da dirección do Liceo a dividi-lo coro entre homes e mulleres, en función das necesidades da ópera que se represente, sen ter que pagar máis soldo por elo.
A Sala Social do TSJC dictou unha sentencia na que desestima unha demanda de conflicto colectivo presentada polo comité de empresa por entender que había un trato discriminatorio laboral xa que, nalgunhas ocasións, os homes, tiñan que traballar máis que as mulleres, ou viceversa.”…


…”Esta situación prodúxose, por exemplo, nos ensaios e a representación da ópera ‘Tristán e Isolda’ de Wagner, na tempada 2001-2002, na que os coros esixían unicamente voces masculinas.
O comité de empresa acudiu ós tribunais por entender que, con esta división do coro, se estaba a reslizar unha prestación máis pola que se debía pagar.
Sen embargo, o alto tribunal catalán da a razón á dirección do Liceo ó sinalar que o que fixo a empresa ‘non foi unha división do coro de forma non contemplada no convenio, senon tomar do coro e das distintas divisións vocais aquelas voces que fosen masculinas, fose cal fose o grupo ou división á que pola súa voz pertencesen’.
O Liceo, ‘en atención ás necesidades das obras que representen, pode chamar ou convocar a determinados cantantes para o ensaio de determinadas partes da obra e pode perfectamente convocar ós ensaios ó persoal masculino cando a obra a representar esixa uns coros exclusivamente masculinos’, sinala a sentencia.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios