A Feira de Fungos e Cogumelos de As Pontes repartiu 700 racións

86

Lendo diariodeferrol.com:
“Os micólogos veteráns e xa coñecidos nas Pontes levaron de novo os premios máis importantes da Feira de Fungos e Cogumelos. No concurso de cestas citáronse trinta participantes, algúns xa habituais deste certame, que fixeron un verdadeiro esforzo este ano para ofrecernos traballos cunha grande diversidade de especies.”…


…”Tamén destacaron polo seu tamaño varias cestas, que incluso tiveron que trasladarse cun remolque debido á súa dimensión.
Os premios deste concurso quedaron pola zona e o premio especial foi para José Luis Ramil e Gonzalo Soto, das Pontes, mentres que os restantes repartíronse entre a parroquia de Roupar, en Xermade (Lugo), a parroquia pontesa de Aparral e Cedeira. O primeiro premio foi para José Luis Cuba, un habitual deste concurso e que adoita levarse algún cheque importante para a casa. O segundo galardón quedou nas Pontes, e foi para Juan Prieto. O terceiro e cuarto, para dous veciños de Roupar, Camilo e Alberto Mariño, pai e fillo respectivamente.
Os concursantes destacaban que este foi un ano pródigo en fungos, aínda que tiveron bastantes dificultade non últimos días para saír ó monte debido ó intenso temporal.
No capítulo gastronómico, os cociñeiros esgotaron practicamente os menús, e serviron a máis de 700 persoas, que quedaron encantadas e farturentas pola xenerosidade das racións. Dende as doce e media da mañá, hora na que comezou a servirse a comida, e deica as tres da tarde, as mesas instaladas no colexio Santa María estiveron ocupadas polos comensais, pero apenas houbo colas, agás a mediodía, cando se concentrou o maior número de persoas no patio.
A Feira coincidiu coa Festa do Mel organizada pola Asociación Galega de Apicultura, cunha mostra apícula na Casa do Mel de Goente e tamén coa exposición dos traballos do certame de artesanía Antonio Fraguas, que organiza a Deputación.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios