Wi-Fi para viaxeiros de negocios, un arma para ser máis productivo

95

Lendo iblnews.com:
“A tecnoloxía Wi-Fi (Wireless Fidelity, WLAN ou conexión inalámbrica), presente en aeroportos, estacións, hoteis e cafés, nun número de máis de 20.000 hotspots no mundo, empeza a ser vista ‘como unha necesidade e un arma de competencia empresarial’ por parte dos viaxeiros de negocios. Segundo unha enquisa internacional encargada por Intel a Brain Group e titulada ‘Road Warriors & Wi-Fi’, ‘o 71% cree que proporciona unha clara ventaxa competitiva’. No conxunto dos road warriors, os viaxeiros de negocios, só un de cada dez utilizou esta tecnoloxía, aínda que o 90% planexa facelo nun futuro.”…


…”A enquisa amosa que non dispoñer de acceso a Internet mentras se viaxa sitúa a directivos e profesionais nunha posición de desventaxa frente ós seus xefes, empregados e clientes que, por exemplo, esperan unha resposta rápida ós seus correos electrónicos. E é que cando están a traballar na súa oficina, o 31% dos road warriors resposta ás mensaxes de correo antes dunha hora. Cando viaxan p 30% non resposta en 48 horas ou máis. Un tercio admite que sufriron notables perxuizos por non estar conectado, como cancelacións de xuntanzas, pérdidas de negocio ou disgustos de clientes.
Aeroportos, hoteis, avións son os sitios preferidos para estar conectados, pero tamén esta clase de executivos expresa o seu desexo de ter acceso a Internet en automóviles, trenes e hospitais. Resultado de todo elo é o paso á informática móbil, amosando a enquisa que o 70% dos business travellers din que o seguinte portátil que adquirirán terá acceso Wi-Fi, xa sexa cunha PCMCIA ou cun chipset tipo Intel Centrino.
A firma de investigación de mercado IDC prevé que os wireless-enabled notebook representarán o 42% das vendas de portátiles no 2003, mentres que en 2006 chegarán ó 95%. ‘Os road warriors foron os primeiros consumidores en converti-los teléfonos móbiles en parte da súa vida profesional fai 20 anos, e o Wi-Fi está seguindo a mesma dinámica’, explicou Sean Maloney, vicepresidente executivo de Intel.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios