Escritores contra a censura do mercado

146

Lendo elmundo.es:
“O VII congreso de escritores de españa, que se celebrará esta semana en Sebilla, abordará, entre outros asuntos, a ‘ríxida censura que o mercado exerce sobre a literatura mediante a rendabilidade’, segundo Andrés Sorel, secretario da Asociación Colexial de Escritores de España (ACE). Este congreso, que se desenvolverá na capital andaluza dende o vindeiro mércores ata o domingo, será un encontro entre escritores para analiza-la realidade literaria que, segundo Sorel, ‘atópase nun momento difícil porque os escritores están supeditados ó mercado’.”…


…” ‘O compromiso do escritor de hoxe é asumi-la súa postura sen medo a ser censurado ou a non gustar’, afirmou Sorel, quen tamén fixo referencia á cantidade de páxinas que está ocupando a boda do Príncipe ‘cando se deberían adicar ás mortes no Estreito’.
Nunha roda de prensa, aludiu ó ‘fraude’ que, na súa opinión, supoñen os concursos literarios ‘con premios dados a dedo e de antemán’, e declarou que ‘é hora de que o escritor volva ás súas orixes, que aparezan grandes creadores que leven á literatura os problemas do seu tempo.”…
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios