IBM + Microsoft = XBOX2

64

Lendo media-vida.net:
“Gran sorpresa a que nos brindan esta semana estos dous imperios da informática. Microsoft e IBM uniranse nun proxecto común, que non é nin máis nin menos que a fabricación da consola de nova xeración de Microsoft, a XBOX2.”…


…”Segundo anuncia Robbie Bach, vicepresidente da división de entretenimento de Microsoft: ‘Combinando a nosa vista, a nosa experiencia creando software e os recursos I+D que brinda a tecnoloxía de semiconductores e de computadoras de IBM, planexamos ofrecer experiencias de entretenemento sen precedentes ós consumidores mentras creamos novos motores de crecemento para as industrias do entrenemento e da tecnoloxía’.
IBM tamén se pronunciou sobre o tema. Bernie Meyerson comenta o seguinte: ‘Estamos emocionados con traballar nun proxecto desta magnitude e que Microsoft elixira a IBM para proporciona-las tecnoloxías que potenciarán as videoconsolas do futuro e expandi-los límites do entretenemento.’
Esta alianza afianza o liderazgo, ó que xa poderíamos chamar monopolio, de IBM no mercado consolero por tres razóns de peso:
1) Atópase desenvolvendo o chip da futura videoconsola de Sony.
2) IBM é a desenvolvedora do chip da actual videoconsola de Nintendo.
3) Con este acordo se compromete a crea-lo chip da vindeira consola de Microsoft.”
Fonte: media-vida.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios