A poesía revela ó home a verdade sobre sí mesmo

133

Lendo elmundo.es:
“O escritor colombiano Álvaro Mutis atribueu hoxe á poesía a capacidade de poder revela-la ‘secreta verdade do home sobre sí mesmo, o seu mundo e a natureza’, dentro do que considerou unha ‘necesidade urxente’ que ó seu xuizo acompañará á condición humana ata o final da súa existencia. Facía estas declaracións no ámbito do IV Congreso da Lingua que se celebra en Valladolid e que ten a poesía como tema central.”…


…”Sempre haberá poesía ‘Por iso sempre haberá poesía, esa voz segreda dos rincóns máis escondidos e menos frecuentados polo propio dono da alma, a veces sen sabelo’, apostillou o poeta e prosista nado en Bogotá fai oitenta anos e cunha obra merecente dos premios Príncipe de Asturias das Letras (1997), Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (1997) e Cervantes de Literatura (2001).
Mutis, durante a súa participación no IV Congreso Internacional da Lingua que mañá se clausura en Valladolid, amosouse convencido tanto de que a creación poética ‘non é unha arte de moda’ como da súa ‘urxente necesidade’, xa que ‘ata o último home que quede na terra, antes de morrer se despedirá de forma poética.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios