A reparación do firme da A-64 remata en cinco días, di a Xunta

73

Lendo diariodeferrol.com:
“O primeiro tramo da autovía Ferrol-Vilalba estivo sometido a obras de reparación, dende o pasado mes de setembro, no carril da dereita en dirección a San Sadurniño. A inauguración da infraestructura tivera lugar sete meses antes e a empresa adxudicataria do proxecto renoñeceu que o fallo detectado debeuse á falta de xeotextil na capa inferior das catro que compoñen o rego asfáltico da estructura viaria. A Xunta anunciou onte que a reparación rematará no prazo de cinco días e que o retraso na execución dos traballos orixinouse por cuestións meorolóxicas.”…


…”A autovía que, no seu día enlazará a poboación ferrolá coa lucense de Vilalba, nos seus primeiros kilómetros descorre entre a rotonda de Catabois e a localidade de Igrexafeita, pertencente ó municipio de San Sadurniño. Este traxecto representa unha lonxitude aproximada ós 18 kilómetros, dos que dez tiveron que ser erguidos despois de seis meses de uso debido ó afundimento da calzada como consecuencia do elevado número de transportes pesados que diariamente circulan en dirección á central térmica das Pontes.
A reparación consistiu, polo tanto, na reposición do pavimento e na utilización dun composto xeotextil na capa inferior para garantiza-la impermeabilidade do asfaltado drenante, toda unha novidade na comarca de Ferrol. A empresa Firmes, pertencente á constructora Copasa, realizou a intervención, que se materializou en varios tramos e que comezou a executarse dende o kilómetro tres da vía en dirección á vila pontesa. Asímesmo, e cada cincuenta metros, se acometeron uns drenaxes transversais para evacua-la auga que se pode ir acumulando nas capas inferiores da calzada. Na xornada de onte, os traballos executábanse na zoa próxima ós accesos que unen a A-64 coa poboación de Sedes.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios