As Pontes troca a localización das feiras quincenais da vila

134

Lendo diariodeferrol.com:
“Os postos ocuparán unicamente a praza do Carme e a avenida de Ferrol, o que desbloquea o tráfico polo casco urbano da localidade
As feiras quincenais das Pontes trocan a súa localización e xa a pasada fin de semana os veciños notaron o centro urbano moito máis despexado, xa que os postos estarán colocados unicamente pola praza do Carme e a avenida de Ferrol.”…


…”Coincidindo coa Feira de Fungos e Cogomelos do día 1 de novembro o Concello determinou algúns cambios na colocación dos postos do encontro mercantil quincenal. Nesta data o argumento básico era a presencia de casetas de mel e productos relacionados coa propia feira gastronómica. Pero a administración local determinou facer definitivos eses trocos, alomenos durante uns meses para comprobar se teñen boa receptividade por parte dos veciños. Os que se achegaron este sábado ácita poideron ver que os postos quedaron relegados exclusivamente á zona comprometida entre a praza do Carme e a avenida de Ferrol. Polo tanto quedarán libres as rúas situadas nos arredores do colexio Santa María e na avenida da Coruña. Esta decisión tómase con varios obxectivos. O primeiro é desbloquea-lo centro urbano para que poidan circula-los vehículos sen problemas. Tamén, deste xeito, os propios vendedores poderán coloca-los postos ou desmonta-los, e haberá máis espacio para que circulen os compradores. Así mesmo, será máis doado recolle-los nenos do colexio Santa María os días lectivos de feira.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios