Campaña para promociona-lo turismo pesqueiro

131

A fundación sen ánimo de lucro Lonxanet, formada por Patróns Maiores de confrarías galegas e a empresa Lonxanet, quere potenciar no aniversario do Prestige o turismo pesqueiro como unha forma de obter ingresos adicionais para os pescadores, baseándose no atractivo do mar e do entorno natural onde se atopan as confrarías de pescadores. Segundo un dos responsables do proxecto, Michael de Jose, trátase dunha experiencia pioneira no mundo.


O Programa de Turismo Pesqueiro da Fundación Lonxanet está dirixido ás persoas que queiran coñecer de primeira man como é a xornada dun pescador o litoral, cabendo a posibilidade de que o turista saia ó mar se as condicións climáticas o permiten.
O programa tamén inclúe para os turistas unha formación sobre as artes de pesca, organizadas en torno a unha Escola-Taller, así como un coñecemento do entorno. Deste xeito axúdase a dignificación da profesión do pescador no litoral, preservando unha cultura tradicional.
Polo momento a proba piloto estase desenvolvendo na confraría de Lira. Pero a idea é que a experiencia se implante en outras confrarías da Fundación, e tamén en calquera confraría que estea interesada, xa que mediante este turismo de calidade, os pescadores poderán ter unha nova liña de ingresos.
A campaña de promoción que a Fundación ven de lanzar consiste na venda, a través da súa web (www.lonxanet.org), dun conxunto de productos típicos das confrarías de pescadores galegas. Mediante esta campaña trátase ademais de conseguir fondos para o propio programa. O 10% do importe dos productos destinarase á financiación do mesmo.
Galicia Información/
21/11/03
Cortesía de Luihi

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios