Morre ‘Copito de Nieve’, o único gorila albino do mundo

111

Lendo iblnews.com:
“O gorila albino Copito de Nieve faleceu sobre as 6:40 da mañá do luns 24 no Zoo de Barcelona a consecuencia do cáncer de pel que padecía, segundo informaron fontes do Concello de Barcelona.”…


…”Copito de Nieve, o único gorila albino coñecido, morreu a causa dun cáncer de pel no zoolóxico de Barcelona. Despois de que o seu estado de saúde houbese empeorado nos últimos días, os responsables do zoolóxico decidiron non expoñelo ó público dende o mércores pasado.
Perdera máis de dez kilos e a ferida causada por un tumor baixo a axila agrandárase. Apenas se relacionaba co resto dos gorilas.
O corpo do gorila foi trasladado ó departamento de Veterinaria do zoolóxico, onde se lle practicou unha necropsia.
Copito de Nieve, que chegou a ser portada da revista ‘National Geographic’, tiña 40 anos, medía 163 centímetros e pesaba 180 kilos. Os seus ollos eran azuis e a súa pel, rosada. Ó longo da súa vida tivera 21 fillos, dos que actualmente só viven cinco, con tres compañeiras.”…
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios