Rouban números de tarxetas de crédito dende un coche

117

Lendo sincables.net:
“Dous rapaces de 20 e 22 anos, conseguiron introducirse na rede privada de Lowe, unha cadea de tendas de mellora do fogar, cun gran volume de negocio en Estados Unidos. Equipados cun portátil con acceso ‘wireless’ e dende un vello coche, conseguiron roubar números de tarxeta de crédito dos compradores on-line e outra información confidencial.”…


…”Paul Timmins e Adam Botby, ambos expertos en sistemas informáticos e comunicacións, conseguiron ter acceso continuado á rede privada da compañía dende o día 25 de outubro, usando un coche aparcado preto dunha das súas tendas, ás aforas de Detroit como ‘centro de operacións’ cando foron detidos.
Non era o primeiro lugar dende onde tentaban operar. Fixeran das súas por todo o país: Kansas, Carolina do Norte, Kentucky, Dakota do Sur, Florida e California. Nalgún destos almacéns, chegaron a deixar inoperativo algúns puntos de acceso, polo uso de software especial que empregaban para controla-las conexións.”…
Fonte: sincables.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios