Destinan 10,3 millóns á segunda fase da calzada Goente-As Pontes

94

Lendo diariodeferrol.com:
“A Xunta e a administración xeral do Estado, a traveso do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas, cofinanciarán o acondicionamento da estrada entre Goente e As Pontes.
Esta actuación ten un prazo de execución de trinta meses e está presupostada en 10.346.000 euros, dos que 6,2 serán aportados polo mencionado Instituto e o resto polo goberno de Fraga. Estas condicións recóllense nun convenio asinado onte en Madrid polo Secretario de Estado da Enerxía, Desenvolvemento Industrial e da Pequena e Mediana Empresa, José Folgado Blanco, na súa calidade de presidente do citado instituto, e o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste.”…


…”A nova intervención representa a segunda fase do proxecto de reparación e mellora da estrada que discorre entre o municipio de Cabanas e o de As Pontes.
Con cargo a unha primeira actuación, presupostada e executada por algo máis de oito millóns de euros, acondicionouse a vía no tramo comprendido entre o peaxe da autoestrada e Goente.
O acordo rubricado onte é un apéndice do convenio de colaboración subscrito no ano 1998 entre ámbalas dúas administracións, para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras de Galicia.
As axudas públicas que se están a destinar ó efecto van dirixidas á diversificación do texido industrial e á creación de infraestructuras viarias e de solo empresarial, ó tratarse de elementos imprescindibles para o desenvolvemento das zonas afectadas tra-lo recorte imposto polo plan de minería. Este protocolo tradúcese nun total de nove proxectos e na inversión de 46 millóns de euros.”
Fonte: diariodeferrol.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios