Concurso de carteis ‘Feira do Grelo 2004’

144

A Concellería de Cultura do Concello das Pontes ven de publica-lo Concurso de carteis ‘Feira do Grelo 2004’.
Nel poderán participar tódolos xoves que teñan cumpridos os 12 anos antes do 31 de decembro de 2004 e non teñan os 30 na mesma data, e terá que ter un tamaño máximo de 40×70 cms. O premio será de 300 euros.

grelo2004.jpg


BASES
Primeira.- Poderán participar tódolos xoves que teñan cumpridos os 12 anos antes do 31 de decembro de 2004, e non superen os 30 na mesma data.
Segunda.- O motivo do cartel é anuncia-la XXIV edición da Feira do Grelo. A técnica será libre, e aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto:
XXIV FEIRA DO GRELO AS PONTES 22 DE FEBREIRO DE 2004
As medidas do cartel serán de 40×70 cms. como máximo, e preferiblemente en orientación vertical. Só se poderá presentar un cartel por persoa/s, e deberá ser inédito e orixinal.
Terceira.- O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará o 12 de xaneiro de 2004 ás 12:00 h. Os carteis serán entregados ou enviados ó Departamento de Cultura do Concello das Pontes, sito na Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28 – 15320 As Pontes, A Coruña. (teléfono: 981 44 03 44). O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome, dirección, fotocopia do DNI, e teléfono do autor/es.
Cuarta.- Establécese un premio único de 300 € (trescentos euros). O cartel premiado quedará en propiedade do Concello das Pontes. A entrega do premio realizarase o mesmo día da feira.
Quinta.- O Xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas e representantes do Concello, estes con voz pero sen voto, sendo o seu fallo inapelable. O Xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
Sexta.- Os carteis que non resulten premiados poderán ser expostos con motivo da celebración da Feira.
Sétima.- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.
NOTA: No prazo dun mes, contado a partir do 22 de febreiro, os carteis non premiados, poderán ser retirados na Casa Dopeso.
Os carteis non retirados nestes período quedarán en propiedade do Concello.
Podes baixa-lo anuncio en formato jpg dende aquí

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios