Arte e patrimonio arquitectónico popular

99

Lendo efe.es:
“Afeitos a unha visión urbana e culta do arte, escápasenos -e a veces se destrúe irresponsablemente- un legado valioso que o home veu elaborando ó longo dos séculos en lugares ós que raras veces chegaron nin reies, nin bispos, nin sequera galeristas. Refírome á arquitectura tradicional.
Entramos con este plantexamento nun ámbito difuso. A primeira cuestión sería establecer se hai arte na arquitectura tradicional, habitualmente definida pola súa absoluta funcionalidade e economía de medios.”…


…”O século XIX iniciou unha revisión absoluta do concepto de arte emanado dende o final do medievo e -sobre todo- no Renacemento. O crecemento das burguesías, o troco de status da realeza e o clero, o surximento de museos, etc. propiciaron que se revisaran as barreiras do que se consideraba arte. O artista -a partires do XIX- puido desprecia-la fidelidade ós modelos, experimentar, construir en desacordo coa narración histórica.
Dende entón o arte comenzou a ser crecentemente producto de masas. E nesa gran conmoción, a sociedade empezou a debatir qué era e qué non era arte. Plantexáronse difíciles cuestións. ¿Ata qué punto é arte un interruptor da luz pintado exteriormente de branco e exposto nun museo e non o é un interruptor exactamente igual, encalado, nunha parede da casa da ribeira do Mediterráneo? O problema está hoxe ó orde do día. Multitude de espectadores ven en salas de arte instalacións de pedras, obxectos en desuso ou pilas de madeiras e se preguntan se iso é máis arte que o adorno floral ou reticulado que realiza un pastor para embelecer un caiado de carballo. E cunde a sospeita de que nos están vendendo como arte aquelo que un grupo de gurús adxectivan como artí.”
Fonte: efe.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios