“Merca nas Pontes” otorga este ano un premio de 6.000 euros

107

Lendo diariodeferrol.com:
“Nas tendas da vila repartiranse rifas ó longo de todo o mes de decembro para premiar a fidelidade da clientela.
Coincidindo co primeiro día de decembro, o comercio local e o Concello poñen en marcha unha nova edición da campaña “Merca nas Pontes”, co obxectivo de que os veciños realicen as súas compras no comercio do municipio, nunhas datas nas que todo o mundo estira o peto ata o límite.”…


…”
Xosé Peón / As Pontes
Hai varios anos que o ente municipal e os comerciantes se puxeron dacordo para premia-la fidelidade dos clientes, xa que se viña detectando unha forte crise nos establecementos locais, que tiñan perdido moita clientela pola presencia das grandes superficies comerciais de Ferrol e A Coruña.
A partir de hoxe, os comerciantes poderán adquirilos talonarios de rifas que se entregarán ós veciños polas súas compras. Posiblemente o venres será o punto de partida para comeza-lo reparto dos números, coincidindo tamén co acendido do alumeado do Nadal que coloca o Concello. Actualmente amosaron o compromiso coa campaña case un cento de establecementos, dun total de 290, pero é posible que ó longo da presente semana vaia incrementándose esta participación. Os veciños poderán identificar os locais que están implicados porque terán á entrada o cartel identificativo co lema “Merca nas Pontes”. O premio deste ano será en metálico e o día 10 de xaneiro terá lugar o sorteo. O boleto premiado levarase a cantidade de 6.000 euros libres de impostos-
O gañador terá unha semana para reclama-lo premio e se non aparece farase un novo sorteo.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios