Microsoft colabora con Malasia para elimina-las copias piratas de ‘Longhorn’

57

Lendo iblnews.com:
“Microsoft está colaborando de forma moi estreita co Governo malaio despois de comprobar que nese país están á venda copias piratas do seu próximo sistema operativo, que responde ó nome crave de ‘Longhorn’, aínda cando faltan anos para saia ó mercado a súa versión definitiva.”…

Longhorn.JPG


…”A principios desta semana soubose que o novo sistema operativo, deseñado para substituir ó ‘Windows XP’, véndese en Malasia por menos de dous dólares, aínda que a compañía informática precisou que se trata dunha versión incompleta do programa, que ten prevista a súa distribución para 2006.
‘Microsoft está preocupada polas copias piratas de ‘Longhorn’ que se están comercializando no país’, declarou a filial malaia do xigante de Redmon a traveso dun comunicado.
Segundo a compañía, ‘a versión dispoñoble ata a data é un código para desenvolvedores, e non está preparada para o seu uso en empresas ou por particulares xa que non se trata dun producto completo’, polo que os usuarios que instalen a copia ilegal ‘farano baixo a súa propia responsabilidade’ e ‘exporanse a riscos e vulnerabilidades’.
‘Estamos traballando co Ministerio de Comercio Interior e Consumo para asegurar que os nosos clientes e empresas están protexidas’, engadía a nota.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios