A autoridade marítima española reitera que o ‘Geroi Sebastopolya’ non deberia navegar malia a aprobación da UE

61

Lendo galiciainformacion.com:
“A Dirección Xeral da Mariña Mercante confirmou, despois da inspección do petroleiro ruso ‘Geroi Sebastopolya’ por un equipo de expertos da Axencia de Seguridade Marítima Europea, ‘o seu criterio de que este buque non debería navegar e moito menos nesta época do ano e con mala mar’.”…


…”Así mesmo, advertiu de que os defectos observados na inspección efectuada ‘son considerados graves e impedirían a saída do barco desde un porto español’. Sen enbargo, foron aceptados pola Sociedade de Clasificación do buque “Det Norske Veriñas) e as Autoridades Marítimas letonas, que eran os únicos que tiñan autoridade para evitar a saída do buque”, segundo recolle un comunicado do Ministerio de Fomento.
A pesar das denuncias españolas, o ‘Geroi Sebastopolya’, un buque monocasco de características técnicas e unha carga de fuel pesado similares ás do accidentado ‘Prestige’, partiu na tarde deste sábado desde Letonia rumbo a España despois de ter superado con éxito o exame de navegabilidade.
O petroleiro, cuxo destino final é Singapur, prevé realizar un roteiro similar ao do ‘Prestige’, o que lle achegará ás rexións norteñas de Francia e España, paises con Gobernos que xa advertiron que non permitirán a entrada do buque nas súas
respectivas zonas de exclusividade económica (ZEE), de 200 millas en torno ás costas.
RAZÓNS EVIDENTES
A autoridade marítima española entende que o barco non deberíia ter partido por “razóns evidentes”, como que “ten unha antigüidade superior á permitida polo estándar de seguridade vixente neste momento na Unión Europea, e aprobada pola Organización Marítima Internacional na sua 23 Asemblea durante a semana pasada”.
Así mesmo, explica que “os defectos observados aconsellan por si mesmos evitar riscos inncesarios” e que “é evidente que precedentes do ‘Erika’ e do ‘Prestige’ acreditan a innecesariedade do risco de que se corre”. Os defectos observados polo equipo de inspección –formado por tres inspectores procedentes de Reino Unido, Francia e España e por dous inspectores da Det Norske Veritas– foron múltiples, agrega a nota.
“Durante a inspección examinouse con especial atención a zona de cuberta dos tanques de lastre número 6 Babor e Estribor por esta zona a que está sometida aos máximos momentos flectores, observando que presenta deformacións provocadas por pandeo”, sinala o comunicado, agregando que esta deformación “foi comparada coa que medira a Sociedade de Clasificación no ano 2000 e resultou ser entre un 20 e un 25 por cento maior, que a medida daquela”.
ELEVADA CORROSION
Outro dos defectos que subliñan as autoridades marítimas españolas é a “elevada corrosión” existente no interior dos tanques de lastre número 6 Babor e Estribor e o número 3 Babor, “coa conseguinte reducción de espesor nos reforzos lonxitudinais baixo cuberta, así como defectos de soldadura na unión destes
reforzos coa cuberta”. Así mesmo, lembran que o Certificado de Prevención da
Contaminación caduca, sen posibilidade de prórroga, o 19 de xaneiro de 2004, polo que esta viaxe será a última que poida realizar o ‘Geroi Sebastopolya’.”
Galicia Información/Europa Press
7/12/03
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios