As primeiras rifas de “Merca nas Pontes” daranse durante esta fin de semana

103

Lendo diariodeferrol.com:
“Os comercios locais adheridos á campaña ‘Merca nas Pontes’, comezan esta fin de semana a reparti-las rifas para o sorteo dos seis mil euros. Os comerciantes poderán seguir recollendo os talonarios no departamento de Cultura de luns a venres, entre as doce e as dúas e de cinco a sete da tarde, e tamén os sábados de doce a unha e media. A día de hoxe participan na iniciativa 111 establecementos comerciais. O sorteo celebrarase no auditorio municipal o día 10 de xaneiro, ás 20.45 horas. E o premio corteado será de seis mil euros, a gastar durante un ano nos locais que participan nesta campaña.”…


…”O talón será depositado nunha conta bancaria aberta en Caixanova. O agraciado poderá ir facendo compras nos establecementos colaboradores ata o día 31 de outubro de 2004. Terá que presentar os albaráns ou facturas das compras en Caixanova, onde lle farán efectivo o pago ó comercio correspondente.
Os establecementos colaboradores participan cunha cantidade mínima de 30 euros para a iluminación de Nadal, que xa funciona desde o pasado venres.”
diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios