A ópera ‘Mosé’ abre a tempada da Scala con gran éxito

67

Lendo elmundo.es:
“Mosé in Egitto, de Gioachino Rossini, abreu a tempada do teatro da Scala de Milán cun gran éxito, resumido nos máis de 10 minutos de aplausos ininterrumpidos cos que o público recoñeceu o traballo de músicos e intérpretes.
Máxico, colosal ou potente son algúns dos epítetos cos que os críticos de diversos medios saudaron a primeira representación da tempada no teatro degli Arcimboldi milanés, substituto todavía este ano da Scala, sometida a obras de rehabilitación.”…


…”Estreada no Teatro San Carlo de Nápoles en 1818, a versión levada anoite ó escenario milanés é a que o propio Rossini refixo en 1827 e onte estivo dirixida por Luca Ronconi, con Riccardo Muti á fronte da orquestra e Ildar Abdrazakov (Moisés), Erwin Schrott (o faraón), Giuseppe Filianoti (o príncipe) e Barbara Frittoli (Anaide) como principais intérpretes.
Os críticos destacaron a forza na actuación da orquestra, magnífica executora da partitura de Rossini en mans de Muti, que como director artístico da Scala foi quen elixiu esta obra difícil para inaugura-la tempada.
A ópera de Rossini conta con partes de danza, que suliñaron o valor de todo o conxunto da obra, mentras as dúbidas sobre a montaxe de Ronconi quedaron rapidamente suprimidas, en especial no suxerente pasaxe das augas do mar Roxo que se abren ó paso dos xudeos errantes.
A gran triunfadora é a música de Rossini, segundo a opinión xeral, nunha noite que veu en Gli Arcimboldi ós famosos habituais deste tipo de eventos, como artistas, persoas da moda e políticos.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios