Os independentistas que decapitaron a estatua de Franco en Narón anuncian máis accións contra a simboloxía fascista

94

Lendo galiciainformacion.com:
“O grupo independentista Nós Unidade Popular (Nós-UP), que onte decapitou e pintou de rosa unha estatua de Franco instalada no municipio coruñés de Narón , anunciou “accións semellantes” para conseguir a “plena eliminación de toda a simboloxía fascista” que aínda está colocada en edifícios e espacios públicos de Ferrol e a súa bisbarra.”…


…”Ao respecto, o responsable comarcal deste colectivo, Mauricio Castro, anunciou que “a esquerda independentista seguirá facendo este tipo de accións até que non fique ningunha referencia do dictador genocida”, en referencia ao xeral ferrolán Francisco Franco Bahamonde.
Así, NóS-UP anuncia novas actuacións contra a Cruz dos Caídos de Fene e Ferrol, a vidreira co escudo preconstitucional situada no Pazo Municipal ferrolán ou a estatua ecuestre de Franco traslada ao interior do Arsenal Militar. Precisamente, no mes de novembro de 2000, este grupo independentista pintou de rosa este monumento ecuestre erixido en homenaxe a Franco, situada daquela na Praza de España.”
Galicia Información/ Europa Press
9/12/03
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios