Galaxia renova a súa Colección Literaria coa posta no mercado de seis novos títulos

59

Lendo galiciainformacion.com:
“A Editorial Galaxia presentou hoxe a renovación da Colección Literaria co lanzamento de seis novos títulos en galego pertencentes a obras de Xosé Carlos Caneiro, Antón Riveiro Coello, Xabier López López, Amelie Nothomb, Antonio Pereira e Camilo Gonsar.”…


…”Baixo un deseño renovado, a Colección Literaria inicia unha nova etapa cos títulos “Ámote”, de Xosé Carlos Caneiro; “A esfinxe de amaranto”, de Antón Riveiro Coello; “A noite da aurora”, de Camilo Gonsar; “A vida que nos mata”, de Xabier López López; e as traduccións ó galego de “Contos da Cábila”, de Antonio Pereira; e “Un nome de diccionario”, da autora francesa Amélie Nothomb.
Galaxia escolleu para relanzar esta colección a autores coñecidos como Xosé Carlos Caneiro; a unha obra gañadora do Premio García Barros de 2003, como é “A vida que nos mata”; a novela que supón ó regreso de Camilo Gonsar despois de varios anos sen publicar; e a unha novela de éxito en Francia como “Un nome de diccionario”.
El director de Galaxia, Victor F. Freixanes, explicou que o “relanzamento” da Colección Literaria responde a estratexia da editorial de, ante momentos de aparente crise, “toma-la iniciativa con imaxinación” e “xogar ó ataque” no que é o mercado editorial.
Engadiu que a Colección Literaria supón a aposta “pola literatura de competición” e pretende servir para adiantarse en galego na traducción de obras de éxito. Subliñou que os libros que integran esta colección contarán cunha forte campaña de promoción de cara ó Nadal.”
Europa Press
11/12/03
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios