Inician en xaneiro a captación nas Pontes de proxectos empresariais

129

Lendo diariodeferrol.com:
“Na segunda quincena do mes de xaneiro iniciarase unha nova campaña de captación de proxectos empresariais susceptibles de seren amparados polo Plan de Desenvolvemento das Pontes. Esta decisión adoptouse o xoves nunha xuntanza celebrada en Santiago da comisión de control de dito programa de promoción.”…


…”Segundo informou a Oficina de Promoción e Desenvolvemento Económico (Opyde), os representantes autonómicos anunciaron que a avanzada execución da variante de acceso dende As Pontes ó polígono dos Airíos permitirá que este vial entre en servicio durante o primeiro trimestre de 2004, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Isto suporá un adianto de dous meses con respecto ós plans iniciais.
Da mesma forma calificouse de inminente o inicio das obras da estrada Goente-As Pontes, que se prolongarán durante 24 meses.
Na sesión tamén se analizou o estado dos proxectos empresariais xa respaldados, que comprometeron a creación de máis de 900 postos de traballo. A comisión de control, con representantes autonómicos, de ENDESA e sindicais, destacou o interese en captar novos proxectos que poidan aproveita-la concurrencia de instrumentos de financiación pública, como as axudas para reindustrialización da Minería e o Carbón. Entre todas poden supoñer subvencións a fondo perdido de ata un 40% da inversión.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios