Microsoft retira hoxe definitivamente Windows 98

79

Lendo barrapunto.com:
…”Windows 98, SQL Server 7, Office XP Developer, e varias ferramentas e parches para Office 2000, serán retirados e dados de baixa, polo que xa non estarán dispoñibles para ninguén. Na nova lémbrannos que a retirada destos productos débese ó cumprimento dunha orde xudicial e un posterior acordo entre as partes, a raíz da disputa de Microsoft con Sun Microsystems por Java.”…


…”Segundo o acordo con Sun para a distribución da máquina virtual de Java, o software de Microsoft ten que funcionar con Java. Ademáis, Microsoft ten o dereito de modifica-lo seu software de Java para solucionar erros críticos ou furados de seguridade, ata o 2 de xaneiro de 2004. En outubro, a empresa de Bill Gates dixo que saliría do negocio de distribui-la máquina virtual de Java para Windows, pero que extendería o soporte para o seu propio software de Java, ata setembro de 2004. Pero non se sabe nada máis ó respecto”…
Fonte: barrapunto.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios