A Catedral compostelá celebra hoxe a histórica entrega da nova Porta Santa

91

Lendo elcorreogallego.es:
“O presidente da Cámara de Comercio, Xesús Asorey, entregará hoxe a nova Porta Santa ó Cabido da Catedral, que se converter nun dos símbolos do Xacobeo 2004, que comezará en só dúas semanas. A doazón culmina un antigo proxecto de empresarios e colectivos profesionais da cidade que querían desde hai tempo dotar á Porta do Perdón dun peche acorde con este monumental acceso, que cada Ano Santo acolle a miles de fieis e peregrinos.
Actualmente os anos que non son jubilares dúas sinxelas follas de madeira cumpren esa función.”…


…”A nova porta, obra do escultor Xesús León, financiouse coa achega dunha trintena de empresas e entidades vinculadas á cidade, entre elas o Grupo Correo Galego, ademais de cunha doazón anónima. A peza, de bronce e aceiro, está xa exposta no Claustro da basílica desde uns días pero hoxe será entregada oficialmente nun acto que se celebrará ás 11.30 horas na Sala Capitular do Cabido e ó que asistirán o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, e o arcebispo, monseñor Julián Barrio, ademais do deán da Catedral, Manuel Calvo Toxo, e varios cóengos do colexio rectoral da basílica.
As empresas e colectivos que participan na iniciativa recibirán unha escultura conmemorativa do acto, deas pués celebrarase un cóctel no pazo de Gelmírez.
As dúas follas de bronce instalaranse nos próximos días na Porta Santa, a tempo para a cerimonia de apertura do Xubileo, previsto para as 16.30 horas do próximo 31 de decembro. A súa estrea suporá unha pequena variación no tradicional rito, xa que agora, ademais de golpear. simbolicamente o muro de mampos tería co martelo de prata, o arcebispo abrirá a nova porta, que dispón de dous tiradores labrados con forma de peixe para esta fin.
A peza está ornamentada con motivos xacobeos e simbólicos. A cara exterior, a que asomará á praza de A Quintana, está presidida por un gran Cristo en relevo. Ante el atópase un Apóstolo orante e, en ringleira, aludindo ó Camiño, os santos peregrinos e os dous Papas que chegaron a Compostela. Na cara interna están representados en relevos os principais momentos da tradición jacobea desde a Vocatio, cando o Apóstolo Santiago recibe a chamada para iniciar a súa misión, ata a descuberta da súa tumba polo bispo Teodomiro.
A catedral e o Camiño xacobeo como motivos
A ornamentación das portas complétase con texturas e motivos que aluden á Catedral e ó Camiño. Desde chaves pertencentes á basílica, ata estrelas e cunchas. Tamén está a pegada da filla do escultor Xesús León, coa que quixo que estivese presente a inocencia. A propia pechadura da porta e a súa correspondente chave reproducen orixinais existentes na basílica compostelá.
Máis de 600 quilos
Cada unha das dúas follas da nova Porta Santa pesa trescentos quilos e ten 2,6 metros de altura, polo que se requirirá un guindastre para a instalar no seu lugar. A peza ten o exterior de bronce fundido e labrado artesanalmente. O interior é unha aliaxe de aceiro para lle dar firmeza e dureza. Os colectivos e empresas que participan na doazón son de diferentes ámbitos. Cada un achegou tres mil euros. Con esta cantidade e unha doazón anónima reuníronse os fondos suficientes.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios