O novo kernel de Linux, 2.6.0, xa está dispoñible

42

Lendo barrapunto.com:
“Trátase do maior cambio de Linux dende 2001, co lanzamento da versión actual, a serie 2,4. O creador do sistema operativo orixinal, Linux Torvalds, foi o encargado de anuncia-lo lanzamento desta nova versión a traveso da lista de correo do ‘kernel’ de Linux, quen se amosou satisfeito porque ‘a maioría dos problemas foron erradicados antes de que a actualización final fora lanzada’.”…


…”Torvalds estivo estudiando a versión de probas 2.6.0 durante meses. Pola súa parte, Andrew Morton, xefe de programación de Linux, dixo que a nova versión pode funcionar en sistemas de ata 32 procesadores, mentras que a serie 2.4 soportaba un máximo de 8.
Entre as melloras incluidas nesta edición fornte á serie 2.4, destacan un mellor soporte para USB e FireWire.
Segundo os expertos, entre os elementos que mellora esta nova versión está o subsistema PCI, é dicir que a velocidade de conexión entre o pc e diversos dispositivos é maior, vantaxe que se complementa co soporte a portos USB 2.0.
Respecto á compatibilidade, Linux tamén rediseñou os seus drivers para controlar periféricos inalámbricos a traveso da tecnoloxía Bluetooth.
Algunhas desventaxas do novo kernel son a velocidade de comunicación coa memoria, xa que a versión baixa o seu límite de transferencia a 24GB dos 32GB que posuía a entrega 2.4, retardando o pc nun 1 porcento.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios