OpenOffice ó poder

68

Lendo elmundo.es:
“Algúns gobernos, coma o de Israel ou o de Texas (USA), están adoptando nalgúns departamentos aplicacións de OpenOffice para substituir a Microsoft Office, na maior parte dos casos por motivos presupostarios, segundo informa CNET News.
En concreto, trátase do Departamento de Comercio do Goberno de Israel, e o Concello de Austin, en Texas. En ámbolos dous casos están cambiando o paquete ofimático de Microsoft pola ‘suite’ de OpenOffice.org.”…


…”No caso israelí, a versión oficial é que se trata dunha decisión estratéxica para reduci-la dependencia da Administración con Microsoft, afirma o diario económico local Globes.
Mentras, en Austin, as autoridades anunciaron o cambio de Microsoft Office por OpenOffice en centos de equipos para principios do mes de xaneiro. Trátase dunha decisión presupostaria: a cidade está pagando máis de 3 millóns de dólares ó xigante de Redmond en concepto de licencias por dous anos, e fai fronte actualmente a un déficit presupostario de 30 millóns.
OpenOffice é unha ‘suite’ ofimática de ‘software’ libre baseada en StarOffice de Sun Microsystems.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios