Atopan por primeira vez en China unha ‘venus’ prehistórica

91

Lendo elmundo.es:
“Un grupo de arqueólogos chineses atoparon na rexión de Ningxia, no noroeste de China, un grabado escultórico dunha muller moi similar ás ‘venus’ e ‘diosas da fecundidade’ que ata agora non se coñecían en Asia.
A obra, que representa a unha muller embarazada, foi descuberta nuns acantilados da localidade de Zhongwei, na ribeira do rio Marelo, e segundo os expertos pertence ó Paleolítico Superior (33.000-9.000 antes da nosa era).”…


…”Aínda que na zona se descubriron nos derradeiros anos máis de 10.000 esculturas e releves prehistóricos, o recentemente atopado é un dos máis destacados, pois o seu estilo lembra ás ‘venus’ esculpidas e taladas en Europa Central nesa mesma época.
Estas figuras, que teñen como expoñente máis famoso a Venus de Willendorf (Austria), representan a mulleres de senos e cadeiras esaxeradamente grandes, que segundo os expertos eran obxectos máxico-relixiosos para propicia-la fecundidade das mulleres dunha tribu.
A ‘venus’ atopada na China, a semellanza das europeas, está espida e presenta unha figura abombada de ventre e seos desproporcionados, pernas pechadas e unha cabeza sen rostro.
O arqueólogo Zhou Xinhua, un dos responsables do achádego, destacou que é a primeira vez que se atopa en China unha imaxe deste tipo, e que na zona ata o de agora só se atoparan releves representando a natureza, animais domésticos e persoas realizando tarefas da vida cotidiá.
A cuenca do río Marelo, no norte da China, é o lugar onde se orixinou a civilización chinesa, aínda que tamén hai outras importantes culturas prehistóricas.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios