Paderne amosouse proclive á creación dun Consello de Anciáns como o de Xestoso

85

Lendo diariodeferrol.com:
“O alcalde de Paderne, César Longo Queijo, acompañado da asistente social e un representante de cada unha das sete parroquias de dito concello, celebraron o pasado domingo o encontro aprazado co Consello de Anciáns de Xestoso, ó obxecto de coñecer de preto esta experiencia de Monfero.”…


…”A cita comezou cunha comida de confraternización entre anfitrións e invitados, despois da que a portavoz do Consello de Anciáns, Margarita Rodríguez (76 anos), dou a benvida ós de Paderne. A continuación, o párroco de Xestoso, Luis rodríguez, realizou un percorrido pola historia da entidade consultiva que aglutina ós maiores da parroquia e o antecedente ó seu surximento que supuxo a celebración das xornadas ‘Saber envellecer’.
O alcalde de Paderne deixou constancia despois do seu desexo de crear no seu concello un consello de anciáns, para o que deixará en mans da asistente social o desenvolvemento do proxecto. Para elo, dende Xestoso crearase un grupo asesor integrado por 20 persoas que visitarán Paderne co obxectivo de guiar nos primeiros pasos a esta entidade que nace baixo o auspicio dos de Monfero, e ó mesmo tempo animouse ós invitados a realizar viaxes a outros puntos de España, como as que xa se cursaron a Almendralexo e Ceuta, para fomenta-lo surximento de iniciativas de similar alcance de participación na vida social do colectivo da terceira idade.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios