Gamespy nomea a ‘Star Wars’ xogo do ano

131

Lendo iblnews.com:
“Os hobbits poderían domina-la pantalla grande este ano, pero cando de pantalla chica se trata, os fans da fantasía de videoxogos queren a Jedi todo o tempo.
GameSpy.com, un dos principais cibersitios de videoxogos, entregou o martes o seu premio Xogo do Ano a ‘Star Wars: Knights of the Old Republic’, segundo informou Reuters.”…


…”O xogo, desenvolvido por BioWare e publicado por LucasArts para a Xbox e as PC, derrotou a títulos coma ‘WarioWare, Inc.: Mega Microgamer’ de Game Boy Advance e ‘Beyond Good & Evil’ polo máximo galardón.
Os editores de videoxogos tipicamente usan ditos premios para facer alarde, algunhas veces publicando de novo os seus títulos en edicións ‘Game of the Year’ (Xogo do Ano).
Desta maneira, a industria do videoxogo estadounidense, que xenera 10.000 millóns de dólares anuais, seguiu os pasos de Hollywood, onde a tempada de premios é unha fiestra de mercado vital para as películas.
‘O señor dos aneis: O retorno do rei’ rexistrou vendas de boletos por máis de 125 millóns de dólares en Estados Unidos e Canadá nos seus primeiros cinco días en salas de cine, e a súa estrea tan preto do fin de ano axudou a que o relato de hobbits e elfos sexa considerado seriamente para os premios da Academia de Hollywood.
Agárdase que outras publicacións principais de xogos entreguen pronto os seus premios do 2003, entre elas GameSpot.com, que nomeará o seu xogo do ano o día de Nadal, e 1UP.com, o cibersitio de revistas de xogo de Ziff Davis, que dará a coñecer ós seus gañadores nunha cerimonia nas Vegas a principios de xaneiro.
Anteriormente, o xogo de fútbol americano ‘Madden NFL 2004’ de Electronic Arts Inc. gañou o galardón como ‘Xogo do Ano’ de Vídeo Game Awards, entregado polo canal por cable Spike TV.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios