Os hackers melloran a súa técnica contra as redes wireless

148

Lendo wireless-station.com:
“Durante a feira Wi-Fi Planet celebrada en Londres o mes pasado, numerosos expertos e empresas especializadas en tecnoloxía inalámbrica tiveron oportunidade de amosar novos sistemas de seguridade para redes Wi-Fi.
Unha das empresas participantes no evento, AirDefense, exhibiu un sistema de monitorización de tráfico en redes Wi-Fi que sirveu para desmostrar que as habilidades dos hackers sobre as redes inalámbricas están mellorando notablemente. En só un día de conferencias, AirDefense observou 21 intentos de ataques sobre redes VPN inalámbricas, das que 16 cumpliron co seu obxectivo.”…


…”Segundo o vicepresidente desta compañía afirma que ‘as ferramentas para controlar redes LAN estiveron sempre dispoñibles, pero requiren a persoas con amplios coñecementos técnicos para usalas correctamente’.
Ademáis destos ataques por parte de hackers, a compañía rexistrou outros 33 intentos, incluidos ataques para romper o protocolo EAP (Extensible Authentication Protocol) e a versión de Cisco do mesmo, LEAP, así coma 75 ataques de denegación de servicio (DNS) sobre puntos de acceso. Ademáis, houbo 12 veces nas que os hackers intentaron un ataque masivo de DNS para desactiva-los mecanismos de autenticación nunha rede.
Os ataques amosaron o baixo nivel de preparación de seguridade das empresas. Só o 6% dos correos corporativos estaban canalizados nunha rede virtual privada. ‘Sen unha conexión segura a unha conta de correo nunha empresa, unha estación wireless expón os datos persoais dos seus usuarios, incluído o contrasinal, a calquera que se introduza nela’, explicaron os responsables de AirDefense.”
Fonte: wireless-station.com dende mejoradawireless.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios