Os socialistas queren impulsa-lo ‘software’ libre

147

Lendo elmundo.es:
“O PSOE ten intención de impulsa-la implantación do ‘software’ libre, segundo afirma no seu documento marco do programa electoral. O principal partido da oposición ten intención de impulsar un ‘amplo’ programa para elaborar, recopilar e difundir materiais curriculares e de apoio ó profesorado en soporte informático e ‘software’ libre.”…


…”Dentro do seu obxectivo de moderniza-lo sistema educativo español, o PSOE propón elaborar e desenvolver xunto ás comunidades un Plan de Implantación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), con dotación de equipamento, apoio técnico especializado ós centros e un programa do profesorado.
Entre outros obxectivos, este plan pretende dotar ós centros de conexión de banda ancha e ordenadores, desenvolver un programa que garantice a conexión en rede das bibliotecas escolares e establecer plans e programas conxuntos para elaborar materiais aproveitables.
Alfabetización dixital
Así mesmo, o partido encabezado por José Luis Rodríguez Zapatero aboga por lanzar un plan de alfabetización dixital que ‘universalice o uso activo e operativo de Internet’ e as TIC na poboación adulta, en colaboración coas comunidades autónomas.
Dentro desa liña, desenvolverá programas de ensino a distancia ‘on line’, facilitando que as persoas adultas se familiaricen coas Novas Tecnoloxías e desenvolvendo programas de formación en TIC para adultos nos centros educativos.
Banda ancha a prezos razonables
Para potencia-lo ‘acceso intelixente’ a Internet da maioría da sociedade, o PSOE propón establecer prezos ‘razonables’ no acceso á banda ancha; desenvolver portais institucionais; crear un ‘gran portal de Internet’, con información ‘de calidade, adaptado ós diferentes niveis educativos’; e velar pola calidade dos contidos ‘web’, de modo similar á televisión, vixiando a pornografía infantil, o fomento da violencia, o sexismo, o racismo e a xenofobia.
Finalmente, o PSOE propón lanzar un portal de Internet de servicios e información cultural (culturas.net), outro proveedor de servicios xestionado con criterios relacionais e interactivos (interarte.net); lanzar un Banco Dixital de Patrimonio cultural do Estado Español; e crear unha Rede Estatal Dixital de Museos.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios