Os traballadores de Italtel continúan sen carga de traballo na factoría pontesa

194

Lendo diariodeferrol.com:
“Os traballadores de Italtel pasan estes días de Nadal co mesmo incertidume que padeceron durante todo este ano. A pesar do compromiso do parlamento galego, expresado hai case dous meses, no senso de demandar carga de traballo para esta empresa, as cousas continúan practicamente igual. Actualmente está pendente a contratación por Auna dun novo subministrador, que podería fabricar material nas Pontes.”…


…”Precisamente o presidente de Endesa, Manuel Pizarro, vén de dirixirse ó alcalde pontés, Víctor Guerreiro, para comunicarlle o resultado dos contactos mantidos cos responsables de Auna, nos que aseguran que se encontran na fase final do proceso de elección de subministradores. Pizarro apunta que os candidatos teñen establecido como unha das condicións para consegui-lo contrato negociar con Italtel a fabricación dos compoñentes na factoría de Penapurreira. A pesar destas informacións, o cadro de persoal lembra outras ocasións e promesas semellantes, polo que permanece á expectativa. Durante estes días volveron a traballar, aínda que tan só por unhas xornadas, no cambio de software para equipos de vídeo.
Tamén están pendentes do remate do prazo establecido polo parlamento autonómico, xa que os dous meses de espera finalizan o vindeiro 10 de xaneiro.
Segundo o acordo tomado por tódolos grupos da cámara galega, se concluído este prazo a fábrica de Italtel continuaba sen actividade, a consellería de Industria tería que toma-las medidas necesarias para conseguir carga de traballo.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios