AUDASA sube un 3% a peaxe da AP-9 entre Ferrol e Tui

81

Lendo diariodeferrol.com:
“As persoas que frecuentan algún tramo da AP-9 xa puideron aprecia-la subida das tarifas, que tanto no tramo máis utilizado a diario polos ferroláns, entre Fene e A Coruña, como no total, ata Tui, supoñen un incremento de case o 3%.”…


…”Deste modo, mentras que ata o 31 de decembro do pasado ano o prezo da peaxe entre Fene e a cidade herculina -como se recordará, o tramo entre Ferrol e a localidade veciña é gratuito- era de 2,96 euros, a partires do 1 de xaneiro de 2004 éste ascende a 3,05 euros. A subida, neste caso, é do 2,96%.
No que concerne á totalidade do percorrido, os turismos debían aboar por realizalo dende Fene ata Tui un total de 13,54, cantidade que se incrementou ata os 13,95, que custa na actualidade. A peaxe, na totalidade da AP-9, subiu un 2,94%.”…
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios