Pioneer presenta unha consola de vídeos para DJs nunha feira electrónica

81

Lendo iblnews.com:
“A firma Pioneer Electronics, de Pioneer, presentou o mércores unha consola de vídeo dixital que permite ós ‘disc jockeys’ de clubes nocturnos facer xirar, retroceder, conectar en circuito e poñer en cola vídeos musicais ó igual que o fan coas pistas de audio.”…

pioneerbig.jpg


…”A presentación na feira de productos electrónicos para o consumidor das Vegas, que se inaugura oficialmente o xoves e se espera que reciba a uns 130.000 visitantes, é outro exemplo da decisión de Pioneer, coñecido pola súa presencia no mercado do audio, de entrar no mundo do vídeo, informa Reuters.
Tom Haga, presidente de Pioneer Electronics USA, dixo que a compañía veu tres oportunidades de mercado para o ano: televisores de pantalla plana, gravadoras de DVD e productos de multimedios e navegación para o automóbil.
A compañía mantivo o seu obxectivo de capacidade de producción de máis de 500.000 pantallas de plasma para xaneiro do ano 2005 e dixo que agregará capacidade de fabricación para ditas pantallas no sur do estado de California para este verán. A súa producción está confinada a Xapón ata a data.
Para este verán, Pioneer tamén planexa ofrecer catro pantallas de plasma de alta definición dixital listas para cable.
Haga dixo que a compañía non está preocupada coa activa competencia de fabricantes de ordenadores como Dell e Gateway no mercado de TV de pantalla plana.
‘Dámoslles a benvida (…) é probable que axude a incrementa-lo coñecemento do consumidor. En realidade, estanos axudando a impulsarnos e axudando ás vendas, tamén’, dixo Haga.
Pioneer está impulsando as gravadoras de DVD, pero os executivos dixeron que non tiñan presa por lanzar a vindeira xeración de ditos dispositivos, pese ó feito de que competidores como LG Electronics planexan lanzalos este ano.
Haga dixo tamén que a compañía seguía comprometida, ó menos a curto prazo, tanto coa propia guía de programación electrónica de Pioneer para TV como co servicio suministrado pola compañía de gravación de vídeo dixital TiVo.
Pioneer produce a única combinación de TiVo e gravadora de DVD ata o momento.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios