A casa rectoral do Pazo acollerá o museo etnográfico da Capela

47

Lendo diariodeferrol.com:
“O Concello da Capela chegou a un acordo coa Igrexa para a cesión da casa rectoral da parroquia do Pazo. A vixencia do pacto fixouse en trinta anos e o compromiso acadado garantiza o desenvolvemento dun dos proxectos máis ambiciosos do actual equipo de goberno, a ampliación e consolidación do museo etnográfico.”…


…”Esta iniciativa, que actualmente se localiza e se pode visitar nas dependencias académicas do colexio público, fará viable a idea de converti-la mostra nun novo e complementario reclamo turístico incluído no parque natural das Fragas do Eume.
O desenvolvemento desta premisa, por conseguinte, implica a rehabilitación do edificio cedico pola Igrexa, que, segundo destacou o rexedor municipal da Capela, Anxo López Sueiro, ‘constitue un dos máis emblemáticos do concello’. Para facer fronte a esta obra, o Concello pediu o respaldo da Deputación e fixou en torno a 30.000 euros a cantidade precisa para facer fronte á reforma.
O proxecto de rehabilitación axustarase ás características do inmoble, con espacios interiores que se utilizarán para a exhibición dos elementos, utensilios e obxectos que poidan demostra-la cultura e a riqueza patrimonial desta zona da comarca do Eume.
O alcalde da Capela destacou o significativo da intervención e adiantou que a idea é facer viable o proxecto o antes posible, tendo en conta que existen motivos para pensar que o Eume estase convertindo nun dos lugares máis visitados polos turistas.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios