Asturias renuncia a cobrar os anticipos polos danos dos vertidos e reclamara pola vía xudicial

26

“O Goberno asturiano reclamará por vía xudicial e ante o Fondo Internacional de Indemnización de danos por contaminación marítima (FIDAC) os gastos derivados dos vertidos do Prestige. Así o anunciou o conselleiro de Xustiza e Seguridade, Francisco Javier García Valledor, quen informou tamén da renuncia do executivo rexional a cobrar o anticipo das indemnizacións ante a negativa do Ministerio de abrir unha negociación sobre o cobro das axudas que non se axuste ao Real Decreto aprobado en xuño de 2003.”…


…”Os gastos ocasionados só pola limpeza do fuel que chegou á costa asturiana foron cuantificados en 8,2 millóns de euros. En Asturias foron retirados 4.392 toneladas de residuos. O Principado lembra que a estas cantidades hai que engadir os danos
provocados no litoral e o prexuízo económico a sectores económicos como o turístico ou o pesqueiro.
Segundo o Principado, este decreto obrigaría á comunidade a subrogar os seus dereitos en favor do Estado e impediríalle reclamar no futuro compensacións polos danos do Prestige. O Goberno asturiano remitiu un escrito o pasado decembro ao Comisionado do Prestige no que se propoñía un convenio para que o Principado
puidese perciber os gastos ocasionados polo afundimento do navío sen ter que renunciar aos que pudesen derivarse no futuro.
O Comisionado non respondeu á proposta e entende que o Principado acóllsee ao anticipo das compensacións acolléndose ás condicións do Real Decreto sen que sexa posíbel admitir clausulas. O Goberno asturiano advirte,mentres, que non se van admitir esas condicións.
“Non imos aceptar de forma submisa e pacífica a imposición que se pretende desde o Comisionado que demostra unha actitude prepotente e autoritaria do Goberno do Estado e a concepción que éste ten das relacións coas comunidades autónomas”, asegurou Valledor. Valledor lembrou ademais que o Principado continuará personado na causa aberta no xulgado de Corcubión e reclamará ante o Fidac. Insistiu, alén diso, en que o Principado non se vai someter”ao funil que propuxo ás comunidades autónomas”, afirmou García Valledor.”
Galicia Información/EP
13/1/04
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios