Editores e productores crean un fondo con obras literarias galegas para levar ao cine ou á televisión

49

Lendo galiciainformacion.com:
“Editores e productores independentes galegos crearon, en colaboración coa Consellería de Cultura, un fondo composto inicialmente por 16 obras literarias galegas que consideran viables para a súa adaptación a un producto audiovisual tanto longametraxe, tv-movie ou serie de televisión.”…


…”Trátase dun proxecto “pioneiro e único” en España tal e como destacaron as presidentas da Asociación Galega de Editores e de a Asociación Galega de Productores Independentes (Agapi), Fabiola Sotelo e Ignacia Ceballos, respectivamente, durante a sinatura dun convenio para ampliar este catálogo co titular da Consellería de Cultura, Xesús Pérez Varela, que aportará máis de 30.000 euros a esta iniciativa.
Este “banco de datos de contidos galegos literarios sen caducidade para a súa adaptación audiovisual”, tal e como o cualificaron tanto Pérez Varela como Ignacia Ceballos, está formado polos libros ‘O xabaril branco’, ‘Morning Star’, ‘O bandido Casanova’, ‘Reminiscencias de Bob Dylan’, ‘Un home que xace aqui’, ‘Bala perdida’, ‘As Rulas de Bakunin’, ‘A memoria Erótica`, ‘O siñor
Afranio’, ‘Criminal’, ‘Non hai misiricordia’, ‘Amigos sempre’, ‘As plumas dóo moucho’, ‘Diario de Inverno’, ‘Covardes’, e ‘A saga da illa sen noite’.”
GI/EP
13/1/04
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios