A oficina agraria pontesa canaliza axudas da Xunta

83

Lendo diariodeferrol.com:
“A oficina agraria comarcal das Pontes comeza coa tramitación das novas convocatorias de axudas que concede a Consellería de Agricultura, e tamén están a explicar ós titulares de explotacións as novedades que ten este ano o programa de axudas para melloras nas explotacións. Entre éstas destaca que para 2004 admítese a incorporación sen que haxa explotacións previas en todo o territorio. A prima de incorporación sube e sitúase en 11.000 euros.”…


…”A esta cantidade hai que sumarlle un 10 % máis se a titular é muller, outro 10% se vive en zona de montaña e outro 10% se ten a outra persoa contratada. Ademais das anteriores novidades, tamén se establece que cando a prima de incorporación se adique á compra de cota láctea ou dereitos, darase a axuda máxima, que é de 15.000 euros. Tamén se admiten novos investimentos e desaparece a obriga de mante-la orientación productiva de leite durante cinco anos se houbo plan de mellora.
O prazo de solicitude rematará o día cinco do próximo mes de marzo. A información e os trámites poden facerse na oficina agraria comarcal.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios