SETI tería que terse creado con código aberto, segundo o seu director

82

Lendo barrapunto.com:
“Ciberpaís (só lexible previo pago) publicaba onte unha interesante entrevista de Arturo Buendía a David P. Anderson, matemático de Berkeley e director do proxecto SETI@home para a búsqueda de intelixencia extraterrestre por medios radioeléctricos. Entre outras cuestións acerca do éxito social da iniciativa (un orde de magnitude superior á participación que esperaban) e sobre o paradigma da computación pública distribuida, Anderson afirma o seguinte:”…

seti.jpg


…” ‘A xente participa nun proxecto porque cree que é importante. Dende o principio a xente quixo axudar, fixeron traduccións da web, pezas de software, similar ó software libre. Un dos erros que cometemos foi non face-lo software de código aberto. Se o volvera a facer sería de fonte aberta. BOINC éo.’
Ó preguntarlle sobre cómo se imaxinaría a recepción dun sinal extraterrestre, comenta: ‘A miña fantasía é que o contacto fora similar a un paquete de datos de Internet. Quizais haxa outras moitas civilizacións moi lonxe que se comunican entre sí e probablemente atopen os mesmos problemas que internet. Precisan un protocolo común para que as súas comunicacións sexan compatibles. Quizais teñen algo como a Web, ou como Google.’ ”
Fonte: barrapunto.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios