Italtel fabricará decodificadores de televisión para a empresa Auna

42

Lendo diariodeferrol.com:
“O cadro de persoal de Italtel respira algo máis tranquilo, xa que onte chegaba confirmación telefónica de que volverán ó traballo nos próximos meses.
Os delegados de persoal mantiveron conversas coa Consellería de Industria e coa dirección de Italtel en Barcelona, nas que se confirmou que por fin estaba pechado o contrato de Auna para fabricar decodificadores de televisión dixital. A empresa ADB encargarase de facer este pedido, pero unha das condicións que establecía Auna para a subcontratista era precisamente remitir unha parte do pedido a Italtel.”…


…”Finalmente, a factoría de Penapurreira encargarase de fabrica-lo 30% do material, é dicir, un total de 30.000 aparellos. Segundo a dirección de Italtel, o período de producción será practicamente dun ano, dende o un de abril ata marzo de 2005. Isto permitirá reanuda-la actividade da fábrica, que está practicamente parada dende hai máis de dous anos.
A dirección de Italtel quere conseguir máis producción, xa que con este pedido a factoría funcionará ó 50% da súa capacidade.
Nos próximos días haberá reunións entre Italtel e ADB co obxectivo de confirmar novos acordos de colaboración. Os traballadores agardan comezar a prepara-la producción a finais deste mes, xa que deberán adapta-la maquinaria e os programas informáticos ás características do encargo.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios