O virus Beagle afecta a máis de 27.000 computadoras en España

76

Lendo iblnews.com:
“O virus informático Beagle, considerado de alta perigosidade, afectou a máis de 27.000 computadoras en España nas últimas horas, informou o Centro de Alerta Temperá sobre Virus e Seguridade Informática.”…


…”O ente público, que depende do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, sinalou na súa páxina electrónica que a presencia en España do berme Beagle/Blade/Bbgle aínda é media.
O virus propágase a traveso do envío masivo de correo a direccións electrónicas recopiladas na libreta de contactos, texto ou páxinas web do ordenador infectado, excepto aquelas pertencentes ós dominios hotmail.com, msn.com e microsoft.
O correo portador do berme aparece cun remitente variable, coa palabra Hi (hola en inglés) no asunto e cun arquivo adxunto de nome aleatorio -de entre tres e 11 caracteres en minúsculas- e sempre de 15.872 bytes.
O berme, xa detectado en Alemania, Estados Unidos e Xapón, só se executa mediante a intervención do usuario, polo que o organismo recomenda absterse de executar arquivos adxuntos non solicitados.”…
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios