A industria musical europea advirte de inminentes medidas legais

24

Lendo iblnews.com:
“Unha organización comercial da industria discográfica dixo o xoves que os novos servicios de descarga ‘online’ están atraendo ós clientes, e advertiron da inminencia de medidas legais en todo o mundo contra os usuarios de arquivos compartidos.”…


…”A Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, nas súas siglas inglesas) difundiu un avance dun informe sobre o seu ano de campaña para desenvolver e promociona-las tendas musicais ‘online’ e propaga-la súa mensaxe sobre a ilegalidade do intercambio de cancións en Internet, informa Reuters.
Nun inusual comunicado optimista, a IFPI dixo que a súa iniciativa pretende construir un vibrante, aínda que pequeno, mercado para vender descargas musicais para rematar con redes de igual a igual (P2P) como Kazaa e WinMX, que ofertan gratuitamente todo tipo de música.
‘Creemos que a estratexia de Internet da industria musical está agora cambiando de dirección, e que en 2004 haberá, por primeira vez, unha migración sustancial de consumidores dos servicios gratuitos non autorizados ás alternativas lexítimas’, dixo Jay Berman, conselleiro delegado de IFPI.
‘O inicio de 2004 trae unha nova sensación de optimismo xinto coa evidencia dun cambio real’, engadiu Berman no comunicado.
A IFPI, que representa tanto ás grandes discográficas como a selos independentes, incluidos EMI, Warner Music, BMG de Bertelsmann, Sony Music e Universal Music, tamén dixo que este ano actuaría con maior dureza contra a proliferación do intercambio de cancións.
‘É probable que haxa demandas contra os principais distribuidores de Internet a nivel internacional en 2004, similares ás presentadas en EEUU’, dixo IFPI no seu informe.
Os executivos musicais de Europa viñeron advertindo durante semanas que seguirán as polémicas iniciativas emprendidas en EEUU, onde unha campaña legal en contra dos usuarios de intercambio de arquivos desembocou na presentación de centenares de demandas.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios