Fenicius, un software de xestión para Linux

55

Orixinariamente este producto foi desenvolvido por Solaria Mediterránea, S.L.L., empresa pioneira no desenvolvemento de Linux para PYMES, pero desgraciadamente a empresa desapareceu. Nosoutros conseguimo-lo código fonte con tódolos dereitos sobre o mesmo da mencionada empresa e evolucionámolo e mellorámolo ata acadar Qalomehf.


Decidimos declarar Fenicius como software libre pensando nas pequenas empresas e deixar Qalomehf para empresas máis grandes e sobre todo que teñan máis dunha sede e con necesidades bastante máis amplas.
Aquí tedes unha serie de enlaces para que poidades baixa-las fontes, ou a aplicación xa compilada de forma estática (así non se precisa instalar tódalas librerías) para Linex. Aínda que en xeral debe funcionar en tódalas destribucións, se tedes problemas non dubidedes en poñervos en contacto a traveso desta conta de correo-e: fenicius@canama.net.
A partires de xaneiro de 2004 comezaremos a dar soporte técnico na forma na que anunciaremos nes páxina.
Se alguén está disposto a empaqueta-la aplicación nos diversos formatos que usan as distintas distribucións estamos moi gustosamente dispostos a incorpora-las modificacións precisas.
As características do producto son as que seguen:
– Ciclo completo de compras: pedidos a proveedores, albaráns, facturas e pagos.
– Ciclo completo de vendas: pedidos de clientes, albaráns, facturas e cobros.
– Control de stocks nun único almacén.
– TPV integrado.
– Definición dos impresos que usa a empresa.
– Listados múltiples de toda a información que manexa a aplicación.
– Definición de niveis de seguridade tanto para operacións como para campos.
– Control de qué usuario realizou a derradeira operación sobre calquera tipo de información.
– Movementos de artigos.
– Multiempresa.
– Multiusuario.
– Posibilidade de usar códigos EAN-13.
– Calculadora EAN-13 e impresión de códigos EAN-13.
– Ampliamente configurable, ademáis se un usuario de nivel 1 troca algún parámetro da aplicación, o troco é visible inmediatamente para tódolos usuarios conectados.
– Cada usuario pode defini-las súas consultas e os seus listados.
– Consulta por calquera campo de información.
Fonte: canaima.net/fenicius

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios