SCO abandoa parte da súa demanda contra IBM

89

Lendo barrapunto.com:
“Segundo un artigo de The Register SCO abandoou a parte da súa demanda que se refire á violación de secretos comerciais que foi o motivo principal de que SCO retirara unilateralmente a licencia unix de IBM. Como di o artigo, IBM nin parpadeou e seguiu vendendo o seu AIX como se tal cousa. A demanda quédase agora en violación de copyrights, algo que SCO ten que demostrar. Na derradeira vista do proceso, SCO admitiu non ter producido a documentación coa evidencia.”…


…”Segundo o informe de IBM: ‘SCO abandoa calquera demanda contra IBM referente á apropiación indebida de secretos comerciais, admite que SCO non ten evidencia de que IBM revelou código do System V e recoñece que o caso do contrato de SCO baséase exclusivamente no suposto de que IBM destapou partes de BMs dos seus propios productos AIX ou Dynix, que SCO di son derivados do Unix System V.’
O informe engade: ‘SCO négase a revela-las liñas de código do Unix System V das que se derivan ditas alegacións, algo que ten obriga de facer para alegar un uso impropio…’ ”
Fonte: barrapunto.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios