EEUU fixa as tarifas sobre dereitos de autor para distribuir música na rede

95

Lendo iblnews.com:
“A Oficina de Copyright de Estados Unidos publicou unhas tarifas longamente esperadas sobre dereitos de autor para a emisión de música na rede, poñendo fin a un proceso de máis dun ano marcado por litixios legais e financieiros, dixo o grupo designado para manexa-los ‘royalties’.”…


…”Os controis publicados o 6 de febreiro significaron fundamentalmente o selo a unha resolución acadada o pasado abril entre os difusores de música online e a Asociación Americana de Productos e Difusores de Casettes de Música, o grupo comercial da industria para grandes cabeceras como Warner Music de Time Warner e Universal Music de Vivendi Universal, segundo informou Reuters.
Ademáis de fixa-las tarifas para o periodo 2003-2004, a Oficina de Copyright tamén nomeou a SoundExchange -no seu día pertencente á Asociación Americana de Fabricantes de Discos- como o único axente con capacidade para recaudar e distribui-los royalties dende as Webcasters e os novos servicios de subscrición online.
A industria da gravación e as Webcasters finalmente aceptaron a proposta de 0,0762 centavos por actuación ou 1,17 centavos por cada hora engadida de sintonización gratis.
Os servicios, que comezan en marzo, requiren que os pagos por royalties se faigan no prazo de 45 días.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios