Xoguetes que falan español, un éxito tamén entre os nenos anglos

72

Lendo iblnews.com:
“Así o están anunciando durante a Toy Fair, que é a convención anual da industria. Pártese do éxito dunha boneca pre-escolar ‘Dora the Explorer’, que se expresa en español e inglés e que rexistrou dende a súa irrupción no mercado, fai dous anos, unhas vendas de mil millóns de dólares.”…


…” ‘Dora the Explorer’, unha persoaxe popular do canle de debuxos animados Nickelodeon, que de pronto se despacha cun Muy bien, Hola, Gracias, Te amo…, non só é adquirida por familias hispanas. Os estudiosos insisten en que estudiar un segundo idioma a idade temperá pode beneficiar ós nenos na aprendizaxe das matemáticas, as ciencias e a música, e os anglos están convencidos delo. Únase a elo o feito de que a poboación estadounidense é crecentemente bilingüe, e temos así a receta do éxito comercial.
Xunto con ‘Dora the Explorer’, vense nas estanterías bonecas como ‘Qunceanera Barbie’ (sic) e dous libros bilingües de LeadPad (a outra gran xoguetería, xunto a Hasbro) titulados ‘Festa in the House’ e ‘Fiesta in the Town’. Os xogueteiros están agora investigando productos que cambian do español ó inglés con só pulsar unha tecla.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios