400 das 6.800 linguas vivas coñecidas están en vías de extinción

60

Lendo elmundo.es:
“Das 6.800 linguas vivas coñecidas, creese que máis de 400 están en vías de extinción ó contar cuns poucos falantes, todos eles de idade avanzada, segundo sinalou o presidente da Fundación para as Linguas Amenazadas, con sede en Londres, Nicholas Ostler.”…


…”Nas páxinas da revista ‘Foreing Policy’, que presentou hoxe a súa edición española, Ostler asegura que ó redor dunha cuarta parte das linguas en vías de extinción son utilizadas por menos de mil persoas, e probablemente a metade desaparecerán a finais do século XXI.
A maior concentración de linguas en vías de extinción atópase no mundo de fala inglesa, un feito que Ostler, autor dun libro sobre a historia lingüística do mundo en 2004 (Harper Collins), sinala que atribuirse directamente á colonización.
Aínda que EEUU, Canadá e Australia (todas antigas colonias británicas) representan só ó redor dun 8% das linguas do mundo, no seu territorio fálanse máis da metade das linguas que están na lista de amenazadas. Por exemplo, 138 das 261 linguas aborixes de Australia están xa case extinguidas.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios