O Consello da Cultura Galega editará partituras inéditas de Pepito Arriola

89

Lendo diariodeferrol.com:
“O Clube de Prensa de Ferrol presentou na tarde noite de onte na Casa de Galicia en Madrid dúas das súas iniciativas máis destacadas: a revista ‘FerrolAnálisis’ e a exposición de fotoperiodismo ‘Galicia en foco’, ante un auditorio de máis de cen asistentes.[…]
A presidenta do Clube de Prensa Xulia Díaz, falou das características da revista e a exposición, así como do curso de verán ‘Carlos Gurméndez’. Entre as novidades anunciou o acordo co Consello da Cultura Galega para editar partituras inéditas do músico Pepito Arriola, protagonista do último número de ‘FerrolAnálisis’, así como a financiación dun disco con pezas escritas polo compositor ferrolán.”…


…”Así mesmo, Díaz comentou a posibilidade de que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, participe nos actos de reinauguración do Jofre interpretando composicións de Arriola. Por outro lado, a presidenta do Clube de Prensa destacou que a revista ‘FerrolAnálisis’ acada ‘uni-lo local, o galego e o universal, como o propio Ferrol’, e lembrou a figura do desaparecido periodista e colaborador Xerónimo Gonzalo.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios